Blogia
Andresadas

A liga vólvese a poñer interesante...

A liga vólvese a poñer interesante...

O Barça recurtando distancias ós postos de cabeza... O Valencia e o Madrid que case quedan sen extremidades no campo... E o Xetafe de Bernd Schuster unha vez máis, é o líder nesta tempada por terceira vez... Os galegos podemos sentirnos orgullosos, dun Celta que está a bater récords neste arranque ligueiro...

Mentres se lle acusa ós árbitros de persecución e de favoritismos en contra do Real Madrid, o certo é que os merengues non realizan o xogo do que deberían facer gala... Continúan nos postos altos, pero esta derrota na casa afúndeos moralmente de xeito inimaxinable... O Valencia deste xeito, empata a puntos cos brancos, deixando atrás o seu preocupante comezo de liga...

O Athletic non levanta cabeza, e Mendilibar que tampouco a levante xa que está a piques de ser destituido polo xunta directiva do clube... Unha derrota contra o Cádiz, pon os leóns contra as cordas... O Deportivo, tralo seu épico empate fronte o Barcelona, perde en San Sebastián por dous goles a cero, severo castigo para os de Caparrós

1 comentario

jr -

O madrid è unha verdadeira vergonza.

O Luxemburgo vai de listo pola vida e non fai nada, un puto hipócrita.

Esta semana na Ser dixo que non tiña dudas de que ìa gañar a LIga e de que Robinho serìa o mellor xogador do mundo.